Gloria Lago
(2011) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) María Gloria Lago Cuadrado 12 de setembro de 1960 (64 anos) Vigo, España |
Residencia | Vigo |
Actividade | |
Lugar de traballo | Vigo |
Ocupación | filóloga, autora, mestra, política |
Empregador | Consellería de Cultura, Educación e Universidade |
Membro de | |
Sitio web | elblogdeglorialago.blogspot.com.es |
María Gloria Lago Cuadrado é unha profesora galega, presidenta e voceira da asociación Galicia Bilingüe e da plataforma Hablamos Español[1].
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Filla de Román Lago Álvarez e neta de Román Lago Cabral, dous dos principais procesados polo caso do metílico, en 2009 publicou El reloj de cuco, unha historia novelada da vida da familia Lago e do proceso xudicial, nun intento de vindicar a imaxe da familia. Na súa mocidade militou en Coalición Galega[2]. É profesora de inglés nun instituto de Vigo[3]. Coñecida por ser a presidenta e voceira de Galicia Bilingüe, asociación que fundou en xullo de 2007.[4]
Polémicas
[editar | editar a fonte]Gloria Lago é coñecida por defender abertamente a partidos e asociacións de corte españolista, defensores da unidade de España e contrarios ás manifestacións culturais e lingüísticas periféricas. No ano 2011 insinuou que o PPdeG ofrecéralle un posto na lista ás eleccións galegas de 2012, cun escano asegurado.[4] Dous anos máis tarde valorou entrar en política, e soaron os nomes do PPdG e de UPyD como posibles destinos da viguesa.[2] Porén, non rematou en ningún destes partidos.
No ano 2014 cualificou de xenófobo a Castelao no seu blog persoal, e aos seus defensores de "talibáns galaicos".[5] Na mesma publicación atacou a referencia a que as "linguas co-oficiais deban ser obxecto de especial respecto e protección", pronunciada por Filipe VI no seu discurso de proclamación.[6]
En novembro de 2014 foi a encargada de ler o manifesto Libres e iguales en Vigo, en contra da consulta soberanista catalá, que calificou de "agresión á democracia" e de "mutila-los seus dereitos". A concentración reuniu a unhas 20 persoas.[7]
No mesmo mes comezou a campaña "Adopta un topónimo español", atacando a Lei de normalización lingüística, aprobada por unanimidade en 1983, e que establecía a oficialidade dos topónimos en galego.[8]
En xaneiro de 2015 definiu ao Apalpador coma un guarrillo pederasta (porquiño pederasta) no seu blog.[9]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ La campaña de "Hablamos Español" llega a Baiona tras generar conflicto en Sanxenxo, Faro de Vigo, 23 de agosto de 2018 (en castelán).
- ↑ 2,0 2,1 "Gloria Lago valora militar en política" Galicia Confidencial
- ↑ Perfil de Gloria Lago no seu blogue (en castelán).
- ↑ 4,0 4,1 "¿Quién financia a Galicia Bilingüe?" Arquivado 14 de novembro de 2015 en Wayback Machine., artigo en la Voz de Galicia, 20 de xullo de 2011 (en castelán).
- ↑ "Gloria Lago chama xenófobo a Castelao no seu blogue", artigo en La Voz de Galicia, 21 de xuño de 2014.
- ↑ "Felipe VI y el xenófobo Castelao", post no blog de Gloria Lago, xuño de 2014 (en castelán).
- ↑ "Libres e Iguales se concentra ´contra la agresión de la Generalitat´ el 9-N", artigo en Faro de Vigo, 9 de novembro de 2014 (en castelán).
- ↑ "¡Adopta un topónimo español!", post no blog de Gloria Lago, novembro de 2014 (en castelán).
- ↑ http://elblogdeglorialago.blogspot.com.es/2015/01/la-universidad-y-hasta-los-reyes-magos.html La Universidad y hasta ¡los Reyes Magos! puestos al servicio del nacionalismo, post no blog de Gloria Lago, xaneiro de 2014 (en castelán).